A elección de representantes da Corporación na Asamblea da Mancomunidade da Serra do Barbanza e a elección de representantes da Corporación no patronato da Fundación Romero Blanco-Monroy Francisco foron aprobadas coa abstención da Marea, e a segunda tamén coa do PP. A Asamblea da Mancomunidade da Serra do Barbanza quedará representada por : Alcalde, un membro do PP, un membro da Marea cidadá de Noia e a concelleira do BNG. Os membros no patronato da Fundación Romero Blanco-Monroy Francisco serán: o Alcalde, un membro do PP, un membro da Marea Cidadá de Noia e un membro do grupo NOIA.