Xuntanzas cos axentes sociais.

A Marea Cidadá de Noia xa tivo encontros con diferentes axentes sociais da localidade. A primeira en recibir a Marea foi a asistencia técnica da Confradía de Noia quen comentou os diferentes problemas que ten o medio mariño no referente a contaminación das augas.

Os membros do Grupo da Ría da Marea Cidadá puideron coñecer de primeira man a pronunciada elevación dos contaminantes sólidos e biolóxicos, produto da contaminación humana.

O grupo da Ría está a traballar nestes momentos na elaboración dunha serie de propostas para que non se sigan vertendo ao mar este tipo de contaminantes tendo en conta as propostas que facía a bióloga.

Por outra banda unha delegación formada por Manolo Seijas e Roberto Iglesias do  grupo de ecoloxía, medioambiente e defensa dos animais reuniuse coa Protectora de Animais Arca quen trasladou o traballo que están a realizar no ámbito da recollida de animais abandonadas na rúa.

Dende a protectora comentaron a importanza da concienciación dos nenos e nenas de cara o coidado dun animal, xa que na actualidade os datos de abandono son cada vez máis elevados.

Dende a asociación tamén fixeron unha serie de propostas para a mellora dos servizos da protectora que serán avaliados polos membros do grupo de ecoloxía, medioambiente e e defensa dos animais.

Mañá xoves ás 21:30 no Edificio Administrativo do Antigo Matadoiro o grupo de traballo de deportes escoitará as demandas dos distintos clubes deportivos e entre todos buscarán as solución a esas demandas.

Tamén esta previsto que ao longo da fin de semana o grupo de Participación Cidadá se reúna nos distintos locais sociais das parroquias para escoitar aos veciños e veciñas que se acheguen.