A memoria é unha das ferramentas máis poderosas cas que contamos para construir a realidade, para sinalar de onde vimos, onde estamos e cara onde queremos camiñar. Dende a Marea Cidadá de Noia sabémolo ben, e por íso impulsamos unha moción para renomear o Malecón de San Lázaro en recordo e honra dunha loitadora como foi Brixida Quintáns.
Bríxida Quintáns foi mineira en San Fins, e estivo afiliada a CNT durante a Segunda República. A súa condición de sindicalista colocouna no punto de mira das autoridades franquistas e, tras salvarse en dúas ocasións do paredón de fusilamento, impedíuselle recuperar o seu traballo para sempre. A súa vida, como a dos seus fillos, foi condeada á pobreza extrema e á clandestinidade.
Dende a Marea Cidadá queremos que o exemplo de mulleres libres e valentes como Bríxida sexa parte da memoria colectiva dos noieses e noiesas. Bríxida viviu e loitou como muller nun mundo feito por homes e para homes, e a sociedade castigouna por elo. Hoxe, queremos recuperar a súa historia e honrar a súa memoria.
Deixámosvos aquí a moción completa presentada no Pleno.