Proclamación das candidaturas ás primarias

votacion

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para encabezar a lista que a Marea Cidadá de Noia vai a presentar as eleccións do 24 de Maio, son dúas persoas as que mostraron interese por encabezar este proxecto.

As dúas persoas das que sairá o candidato/a á alcaldía de Noia na votación do próximo Domingo 22 de Febreiro, son Manolo Seijas e Patricia Piñeiro.

Na Asemblea celebrada este sábado no edificio do antiguo matadoiro estas dúas persoas xa mostraron o seu interese en encabezar a candidatura da Marea Cidadá de Noia.

O candidato Manolo Seijas asegurou que " preséntome coa firme convicción de que nos tempos que corren a mocidade non pode agardar a tomar as riendas no futuro, temos que estar no presente e ser parte  da solución aos graves problemas que nos asolan". Indicou que logo de consultar con diferentes compañeiros e saber do seu apoio e o seu ánimo, decidiu dar o paso para tratar de encabezar a candidatura da Marea de Noia.

Por outro lado a candidata Patricia Piñeiro, asegurou que está moi ilusionada con este proxecto aberto e transparente no que calquera veciño e veciña pode participar activamente na política.

Dende a Marea Cidadá de Noia, queremos agradecer a estas dúas persoas o seu interese e a súa valentía para querer encabezar este proxecto que quere mudar a política a nivel local . Seguimos destacando dende a Marea que a elección de candidato é un paso que tíñamos que dar, pero que nós non creemos en proxectos personalistas,  a nosa forza e a nosa riqueza é o conxunto das persoas que conforman a Marea de Noia e que mediante os gupos de traballo e as asembleas abertas están a traballar no programa electoral.

A votación será ao o vindeiro domingo 22 de febreiro de 17:00 a 18:30 no salón de plenos do Concello de Noia.

Paralelamente ao proceso de primarias, unha vez constituídos os distintos grupos de traballo,  a Marea Cidadá de Noia comezará as reunións con diferentes colectivos e comezará a visitar as parroquias para coñecer os problemas dos veciños e recoller propostas para elaborar o seu programa electoral o mellor posible.