Pleno de agosto, parte 3. Primeira medida de transparencia da Marea.

transparencia

A moción presentada polo grupo municipal do BNG foi apoioada por todos os membros, logo de enmendar os dous puntos da mesma e engadir a Marea outro punto aos acordoss. A moción pedía que se seguirá na liña de da programación festiva dos últimos anos, incluíndo na programación actuacións de estilos diversos e dando certo protagonismo a bandas galegas e da localidade e solicitaba que o

Un dos eixos de campaña foi a transparencia na xestión

Concello non establecera ningunha relación contractual con representantes artísticos intermediarios investigados por irregularidade tributaria. Manolo Seijas, sinalou a imposibilidade de cumplir este segundo precepto pola ilegalidade do mesmo, e propuxo a convocatoria da Comisión de Economía e Facenda para a revisión das propostas de gasto e facturación de todos os puntos da programación da Festa de San Bartolomeu.

A Moción do Grupo popular para a ampliación e dotación de beirarrúas ao tramo viario comprendido entre Argote e Ponte de San Francisco, estivo caracterizado por unha discusión incesante entre o PP e o PSOE sobre as prioridades que debe ter o Concello. A moción proponía que o concello se comprometerá a habilitar a partida presupostaria para a dotación do proxecto ou incluílas nalgún dos plans anuais destinados aos concello no ano 2015 e foi aprobada coa abstención dos membros da Marea Cidadá de Noia, aínda que o PSOE a pesares de que votou a favor, deixou constancia da inviabilidade do proxecto dende o punto de vista do grupo de Goberno.  A Marea abstivose xa que considera que a única partida onde se pode prever esta obra é no orzamento do ano 2016.

PRIMEIRA MEDIDA DE TRANSPARENCIA.

A moción da Marea Cidadá de Noia foi aprobada por unanimidade. A Moción de transparencia das contas públicas e tivo gran acollida e foi apoiada por todos os grupos. O goberno comprometeuse a que o portal de transparencia se activaría na maior brevidade posible. Debido a este acordó plenario @s veciñ@s de Noia terán a oportunidade de consultar en que se gastan os seus cartos.