A Marea Cidadá de Noia segue o seu camiño, o seguinte paso é a presentación de candidaturas para encabezar a lista que a Marea presentará o vindeiro mes de maio, e será no primeiro proceso de primarias abertas a cidadanía que se dá na vila de Noia nos corenta anos de democracia.
Calquera veciño ou veciña maior e 18 anos pode presenar a súa candidatura e só ten que ter o compromio de representar as persoas que forman parte deste proceso, sendo o portavoz das decisións tomadas pola asemblea. Recalcan que nos principios fundacionais destacase a importanza do grupo por encima de calquer persoa.
Os interesados presentará a súa solicitude na web da Marea www.mareadenoia.com ou no correo electrónico. O domingo será a proclamación das candidaturas e abrirase unha semana de campaña onde as distintas candidaturas se darán a coñecer.
O proceso rematará cunha votación o domingo 22 de febreiro, na que pode participar calquer veciño ou veciña de Noia maior de 16 anos que se interese no proxecto.
O sábado ás 19:30 será a constitución dos grupos de traballo no local do Espirito Santo (antigo matadoiro) onde se establecerán os obxetivos dos equipos.