A MAREA propón reducir en 80.000€ o gasto político con respecto a proposta do grupo de goberno.

resumo

De aprobarse unha cantidade maior a que propoñemos renunciaremos ao excedente.

Neste punto a Marea Cidadá de Noia apoiará a proposta do número de comisión informativas, facéndonos responsables da Comisión Especial de Control da obra pública, froito do acordo de investidura co Partido Socialista.

Por outra banda onde nace a discrepancia na composición das comisión informativas, dende o grupo de goberno propoñen un criterio de proporcionalidade, así as comisión estarían formadas por 4 membros do PP, 2 do PSOE, 1 da MAREA, 1 do NO.I.A e 1 BNG. Dende a Marea propoñemos que sexa mediante voto ponderado, polo só habería un representante por cada grupo, o que permitiría un aforro do 45% con respecto a proposta do grupo de goberno.

Neste caso a proposta da Marea tamén é reducir a asignación por asistencia as comisións, o grupo de goberno propón remuneralas con 100€, a Marea considera esta cantidade excesiva, crendo que 50€ por comisión é suficiente.

O aforro proposto pola Marea neste punto é entorno aos 30.000€, aínda que non podemos aplicar un cálculo exacto, pois descoñecemos que concelleiros do grupo de goberno fan formar as comisión informativas e especiais e con que frecuencia se van a convocar.

Asignación aos concelleiros por asistir ao pleno.

Neste caso a Marea considera desproporcionada a subida que propón o actual grupo de goberno, creemos que pasar de 30€ a 100€ é unha aberración e non corresponde unha subida de tal magnitude debido a situación económica dos nosos veciños e veciñas. A nosa proposta é que a asignación por asistir ao pleno sexa de 50€, o que permitiría un aforro anual con respecto a proposta do grupo de goberno de 9.000€ anuais.

Asignación aos grupos políticos.

A proposta do grupo de goberno é a seguinte: 250€ por grupo político e 50€ por cada concelleiro electo.

A proposta da Marea é a seguinte: 60€ por grupo político e 6€ por cada concelleira electa.

Creemos que manter a asignación actual é a mellor opción. Entendemos que é escasa para cubrir os gastos ordinarios dun grupo político, mais entendemos que a xente do común tamén se esta axustando para chegar a fin de mes, os partidos políticos deben ser o reflexo da cidadanía e non vivir de costas a ela. Esta proposta aforraría as arcas municipais preto de 15.000€.

Asignación por comisións e xunta de goberno.

Dende a Marea queremos que non se agochen salarios mediante comisións, polo tanto propoñemos que a Xunta de Goberno e a Comisión de Goberno teñan unha asignación de 50€, en contraposición coa proposta do grupo de goberno de 100€. A proposta da Marea permitiría un aforro neste apartado de 15.600€

* O cadro ten un valor aproximativo, xa que descoñemos o número de comisións que se celebrarán por pleno e que concelleiro/as do grupo de goberno van formar parte das comsións. A aproximación esta feita rondando as 5 comisións mensuais.

En definitiva a Marea Cidadá de Noia propón un aforro anual de preto de 80.000€, se en cada punto do exposto sae adiante unha asignación maior, a Marea é consecuente e renunciará ao excedente que se aprobe polo Pleno.