A Marea propón continuar co programa de conciliación no mes de agosto

O grupo de benestar da Marea Cidadá vén de redactar unha proposta para continuar co programa  de conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de agosto, un dos meses onde aumenta o índice de emprego na nosa vila. Consideran que debido a este aumento é preciso darlle continuidade as actividades de conciliación que se viñan desenvolvendo ao longo do mes de xullo.

Propoñen levar a cabo o programa “Coñece Noia” onde os nenos e nenas visitarían cada día un recuncho diferente da vila noiesa.  O obxectivo é que coñezan a historia e os lugares de máis encanto de Noia ( Cova da Moura, Aldea de Xei, Castelo de Nimo, Casco Histórico, as Praias, Laudas Gremiais, Lonxa de Testal, Praza de Abastos). Compaxinando estas visitas con diferentes xogos interactivos onde poidan poñer en práctica os coñecementos adquiridos

Según a portavoz do grupo de benestar da Marea Cidadá, Marisé López,  sería un complemento aos obradoiros que se levaron a cabo durante o mes de xullo. Con este programa os país poderían deixar os nenos e nenas pola mañá tamén no mes de agosto