A MAREA DENUNCIA QUE SANTIAGO FREIRE AÍNDA NON ENTREGOU A DOCUMENTACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS

Praza de Abastos

O pleno da corporación municipal de Noia aprobou o pasado 23 de febreiro iniciar unha auditoría interna para valorar se os pagos efectuados con informe negativo da intervención municipal se corresponden coas certificacións da obra.

Dende o grupo municipal da Marea Cidadá de Noia indican estar “ fartos de tanta mentira e escuridade neste procedemento” e tamén que “ pedimos a copia do expediente e 20 días despois non se nos facilitou. Estamos falando dunha obra de máis de un millón de euros que debería terse executado con todas as garantías e seguindo a normativa en materia de contratación.

Para a Marea é un sintoma de mala xestión do goberno de Santiago Freire, mais preocupado por saír ben na foto de precampaña que por xestionar con rigorosidade os fondos municipais.

Indican que se non se resolve esta situación iniciarán accións xudiciais contra o alcalde e que sexa a xustiza, ante os diversos atrancos que esá poñendo o goberno municipal para facilitar a documentación, quen delibere se se está actuando conforme a normativa ou non.

Manolo Seijas indicou que “ debe haber  gato encerrado cando Santiago Freire actúa deste xeito, non é habitual que non facilite a documentación, nunca o fixo, estamos ante un feito sen precedentes”

E mentres tanto, confirman dende a Marea Cidadá de Noia que “ a obra segue paralizada” e lembran ademais que os informes da auditoría interna, que deberán emitir a secretaria municipal, a interventora, o director de obra e os servizos de urbanismo deben entregarse antes da vindeira semana.