Logo que no pasado pleno o goberno do Partido Popular non fose capaz de sacar adiante o pago por máis de 300.000 euros en facturas sen consignación orzamentaria ( debido aos votos en contra da oposición e abstención do seu socio de goberno) , o grupo da Marea de Noia vén de solicitar unha xuntanza coa alcaldía para desbloquear a situación e facilitar o pago a proovedores.
Dende a Marea insistimos en que hai unhas bases claras para un acordo, que teñen que ver cun principio claro de transparencia, unha aposta pola conciliación e en prol de romper coa fenda dixital.
Dende a Marea Cidadá entendemos que se trata de solicitudes que deberan estar na axenda de calquer goberno e, polo tanto, asumimos que haberá acordo por ambas partes.
Bases para o acordo:
- 1. Remitir mensualmente a relación de facturas rexistradas no Concello ao noso grupo municipal.
- 2. Modificar as Bases de Execución do Orzamento, o goberno terá que pedir obrigatoriamente 3 orzamentos antes de adxudicar unha obra ou servizo maior de 1.500 euros.
- 3. Dotar con 50.000€ a creación dun Plan de Conciliación Municipal que garanta a prestación de servizos durante o curso escolar e adquisición de tablets e conexión a rede.
- 4. Licitación pública do contrato para o mantemento do alumeado público e de desbroces.
- 5. Solicitar as axudas da Deputación da Coruña para empresas