A concelleira Noelia Estévez ven de solicitar a recuperación do Solpor en Familia como actividade cultural para nenos e nenas no verán. Dende a Marea insisten en que é preciso que os máis pequenos disfruten, como os maiores da programación cultural estival.
A proposta da Marea é que se celebren unha serie de actividades para pequenos e maiores, cando menos dous días a semana, na que se os nenos e nenas teñan a súa disposición obradoiros de reutilización, construción de xoguetes, xogos populares e actividades de manualidades. Así como ofrecer unha espectáculos de títeres e maxia que desapareceron este ano da programación estival.
Tamén propoñen fomentar a lectura no verán, creando unha bibliotecas ao aire libre en parques, xardíns, prazas.... na que os nenos e nenas se poidan pasalo ben aprendendo.
Consideran positiva a deslocalización das activades na programación de Rúas Vivas.