A Marea Cidadá de Noia insta ao goberno a negociar o Plan Único da Deputación.

Vertidos na ría

A Marea Cidadá de Noia entende que a presentación de proxectos de xeito unilateral non axuda a solucionar os problemas da Vila, e advirte de que non seguirá apoiando proxectos de última hora.

A Marea Cidadá de Noia leva anos demandando a negociación dos proxectos para o Plan Único da Deputación. Este ano, Noia terá acceso a máis de 550.000 euros en forma de subvencións para obras e mantemento de servizos, os cales a Marea entende que deberían ir, en gran parte, ó saneamento das augas residuais.

Dende a chegada do goberno popular de Santiago Freire, denuncian dende a Marea, non se negociou nin un só destos Plans anuais. En todos os casos, a presentación dos proxectos a última hora obrigou ao resto de partidos a posicionarse a favor ou, pola contra, a rexeitar a chegada de ditas subvencións ó noso Concello.

A Marea Cidadá de Noia advirte que aínda hai tempo para negociar o Plan único deste ano, e demanda que unha parte importante del se destine ao saneamento das augas residuais que, agora mesmo, se verten sobre a Ría sen o tratamento axeitado.

A Marea Cidadá de Noia entende que esto é fundamental, posto que a Ría de Noia e o seu mar constitúen non só a fonte de ingresos máis importante dos nosos veciños e veciñas, senón un dos nosos maiores atractivos turísticos. Dende a Marea de Noia non se garante que, se o goberno se nega a negociar, se apoien finalmente os proxectos unilaterais