A Marea Cidadá de Noia dá un paso máis de cara a súa proposta participativa, cun novo proceso de transparencia e participación no cal todo aquel veciño e veciña de Noia pode levar a cabo as súas propostas co obxetivo de facer de Noia unha vila mais participativa e aberta a nivel político.
Por iso, a Marea Cidadá de Noia establecerá a partir de agora o chamado “banco de propostas”, un apartado na web (www.mareadenoia.com) que ten por obxetivo que todo aquel que o considere necesario, poida facer algunha proposta que beneficie ao conxunto de veciños e veciñas da vila de Noia.
Por suposto, o banco de propostas estará aberto a todos aqueles que queiran participar, e as propostas serán valoradas sen ningún tipo de condicionamento pola asemblea, co fin de analizar se son realizables e se benefician ao conxunto da vila.
Con esta iniciativa a Marea Cidadá de Noia demostra que non se trata dun partido convencional no cal as iniciativas son propostas por un grupo reducido de persoas, senón que se trata dun proxecto aberto no cal se ten en consideración a todos e cada un dos noieses, os cales poden contribuír ao benestar dos veciños mais aló de intereses partidistas.