A Marea Cidadá chama a reclamar ante o estado do Polideportivo de Bergondo.

estado das instalacións

Dende a Marea Cidadá de Noia vimos de solicitar ó Alcalde de Noia, Santiago Freire, que reclame á empresa construtora do Polideportivo de Bergondo o arranxo dos problemas de filtración que presenta a instalación.

A construcción dun novo Polideportivo en Bergondo era unha necesidade, tanto para asociacións e clubes deportivos como para os cativos e cativas que estudan no CEIP Felipe de Castro. Porén, a obra presenta dende o inicio deficiencias que imposibilitan o seu uso os días de choiva.

Segundo denuncian as persoas usuarias e tal e como vimos comprobando, as choivas provocan filtracións a través da porta e dos muros de acceso, enchoupando o interior da instalación e imposibilitando o seu uso.  Paralelamente, a mala planificación trouxo tamén un aparcadoiro mal nivelado, provocando pozas que complican aínda máis a entrada ao complexo deportivo.

Dende a Marea Cidadá de Noia entendemos que as obras públicas están feitas para o uso cidadán e, polo tanto, deben estar feitas de xeito responsable e seguro. Non podemos entender que unha inversión pública destas características acabe nunha edificación mal planeada e, polo tanto, deficiente. 

Por ísto, instamos ao Alcalde de Noia, Santiago Freire, a reclamar á empresa construtora o arranxo das deficiencias que presenta a instalación.