A MAREA CIDADÁ ANTE OS ORZAMENTOS DA XUNTA 2020

Parlamento Galego

A Marea Cidadá de Noia, en colaboración co Grupos Parlamentario de Grupo Común da Esquerda e das deputadas de En Marea no Parlamento Galego, ven de presentar enmendas ós Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano.

Os Orzamentos Xerais da Xunta de Galicia para o vindeiro 2020 non dan solución a ningún dos problemas estruturais que presenta a nosa vila. Estes Orzamentos non buscan arranxar nin a perda progresiva de poboación, nin a falta de oportunidades que están rematando progresivamente ca vida social e económica na nosa vila. 

É por isto que, ante a falta de interese do Partido Popular, vimos de presentar seis enmendas ós Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. En colaboración cos Grupos Parlamentarios afíns no Parlamento Galego (O Grupo Común da Esquerda e as deputadas de En Marea no Parlamento Galego), a Marea Cidadá de Noia defenderá os intereses da cidadanía noiesa e o seu dereito a uns servicios públicos de calidade. 

Por ísto, reclamamos: 

  • A orzamentación dun novo Centro de Saúde para a nosa vila.
  • A creación dunha Galiña Azul, que solvente dunha vez a falta de escolas públicas de 0 a 3 anos que padece Noia.
  • A instalación dun Centro de Día, facilitando así a conciliación laboral e evitando as longas viaxes que moitas familias fan diariamente para desfrutar deste servizo en concellos colindantes.
  • O establecemento dun Plan Director de Saneamento Común para os Concellos que verten no Río Tambre, que protexa a nosa forma de vida, a nosa economía e o ecosistema da ría.
  • A realización de melloras na Ponte do siglo XIII de Pontenafonso, que se atopa nun estado de progresivo deterioro.
  • O aumento das horas destinadas ó Servizo de Axuda no Fogar.

Dende a Marea Cidadá de Noia entendemos que é a hora de apostar pola continuidade das nosas vilas e dos nosos pobos, e isto só poderá facerse mediante a extensión de servizos e a aposta pola economía e o benestar local.

Por un futuro para Noia!