A Marea asegura que a obra da Praza de Abastos está paralizada debido a irregularidades no pago das facturas.

Praza de Abastos

O goberno municipal prohibiu que a asesoría técnica contratada pola Marea de Noia para a fiscalización dos traballos na Praza de Abastos estudase as certificacións de obra que contan con informe negativo de intervención.

A Marea Cidadá de Noia recibiu onte a notificación do goberno municipal na que nega a copia das certificacións de obra á asesoría técnica contratada polo grupo municipal para a fiscalización da obra que conta con catro reparos da intervención municipal nos que se asegura que non se pode comprobar a veracidade das certificacións. O voceiro da Marea insistiu en que “ algo grave ten que estar acontecendo cando unha vez solicitada a copia do expediente se paraliza a obra”, o que asegura “ causa un grave prexuizo ás traballadoras e traballadores da Praza de Abastos”.

Dende a Marea aseguran que estamos falando de máis de 400.000€ que saíron das arcas municipais sen fiscalización. En declaracións de Manolo Seijas “ é algo sen precedentes, sempre lles custa darnos a documentación, pero saben que a lei os obriga e sempre nos dan copia de todos os expedientes, non entendemos como neste non” Aseguran que no vindeiro pleno leverán unha batería de preguntas ao executivo relacionadas con este asunto, e denunciarán o asunto á Xunta Consultiva, organismo encargado da vixianza e control das licitacións públicas.

Aseguran que a copia e acceso ao control da contratación pública é unha obriga contemplada na lei de contratos, e polo tanto o único que están é gañando tempo para regularizar a situación. Aseguran que unha obra de 833.250,50 € non se pode realizar deste xeito, con irregularidades e sen transparencia. Aseguran que tanto usuarios como traballadoras da praza lle teñen manifestado varias queixas ao respecto sobre a execución da obra, moitos deles non saben cal vai ser o seu posto definitivo e están nunha situación de vulnerabilidade total