Manolo Seijas presentou máis de sesenta avais para nas primarias, onde non houbo máis persoas candidatas
Manolo Seijas encabezará a candidatura da Marea Cidadáde Noia por terceira vez, logo de presentar máis de sesenta avais nas primarias abertas á cidadanía.
Manolo Seijas, quen ocupa na actualidade a portavocía do grupo muncipal da Marea Cidadá de Noia, indicou que “ hai unha corrente de cambio en Noia froito da desilusión que xerou o goberno de Santiago Freire”.
Manolo Seijas ten 31 anos, é graduado en Ciencias Políticas e da Administración e técnico superior en administración e finanzas con Máster en Xestión e Dirección Laboral. Na actualidade Seijas é profesor interino de educación Sscundaria en Economía e Administración de Empresas, profesión que nos últimos anos vén compaxinando como coordinador dunha sociedade de xestión de servizos con ampla implantación na comarca. Seijas, demostrou nos últimos anos un amplo coñecemento do sector público o que o converte en palabras da actual concelleira Lola Caramés “no mellor candidato para Noia”
Como liñas mestras da súa candidatura Manolo Seijas di: “ Temos por diante tres meses para deseñar a vila que queremos para o futuro, onde os servizos xoguen un papel fundamental. O centro de día, a escola infantil, o plan de conciliación e a execución de medidas que contribúan a un desenvolvemento económico sostible serán as bases do noso programa”
Seijas aproveitou a ocasión para instar a Santiago Freire a que fuxa dos grande titulares de inversión compremetidas para Noia, cando na actualidade o único que hai enriba da mesa son 1,9 millóns de euros para o saneamento, e que o resto é faltar á seriedade e á rigorosidade. Asegura que “ a veciñanza de Noia xa coñece a Santiago Freire e a ilusión que puido xerar en 2015 xa esmoreceu polos seus innumerables incumprimentos”