LOLA CARAMÉS E MARTIÑO NORIEGA DENUNCIARON OS RECORTES EN EDUCACIÓN NA COMARCA DE MUROS E NOIA DURANTE OS GOBERNOS DO PARTIDO POPULAR

Lola Caramés e Martiño Noriega no Emilio Navasqües

Martiño Noriega e Lola Caramés visitaron esta semana o colexio Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo onde puideron observar de primeira man as consecuencias dos recortes en educación que levou a cabo o goberno do Partido Popular durante esta lexislatura.

Martiño Noriega reclamou a presenza da Coalición Galicia en Común – Anova e Mareas dentro dun goberno alternativo ao Partido Popular para garantir unha educación pública e de calidade, que non peche centros de ensino e aposte por un rural vivo e activo.

Pola súa banda a candidata pola comarca de Muros e Noia, Lola Caramés, afirmou que “non se esquece na comarca a loita da comunidade educativa contra os recortes do Partido Popular, recalcou que a educación non é un gasto senón que se trata dun investimento de futuro. Recordou o dramático que foi para a memoria colectiva da comarca o peche dun colexio tan emblemático como o do Cruceiro de Roo”.

Martiño Noriega indicou que “os recortes en educación foron masivos, con 2.500 profesores e profesoras menos que no 2009 e reduciuse a inversión educativa en scentos millóns de euros

Ambos reclamaron que é preciso establecer mecanismos de conciliación para as familias logo do impacto da COVID 19. Neste eido Lola Caramés asegurou que “ A Xunta de Galicia ten unha débeda histórica con Noia e a súa comarca no eido dos servizos públicos” Este non Concello non conta con Escola Infantil Pública nin Centro de Día

Acto:

Esta tarde a coalición Galicia en Común – Anova- Mareas celebra un acto na Praza do Curro de Noia, será ás 20:30h e participarán: Manolo Seijas, voceiro da Marea de Noia, Marta Lois candidata da coalición, Lola Caramés, candidata da coalición, Xulio Ferreiro militante da Marea Atlántica e Martiño Noriega, número 3 ao Parlamento Galego.