Escoitando facemos a Marea I

O pasado xoves o grupo de deportes da Marea Cidadá de Noia reuníuse cunha boa parte dos clubs deportivos da vila co fin de escoitar propostas e as necesidades de cada club.

Un dos problemas xerais que comentaron foi o reparto das horas, xa que son insuficientes para a cantidade de demanda que hai para horas de entreno e deficiencias en algunha que outra instalación deportiva.

Dende o grupo de deportes propúxelles a posibilidade de crear o Consello de Deportes de Noia, como espazo de xestión deportiva. Onde os clubs tiveran a oportunidade de opinar e propoñer no eido da organización deportiva e puideran xestionar as partidas que se destinan a deporte, pareceulles unha boa idea.

O sábado o grupo de Benestar tivo unha xuntanza con representantes da Cruz Vermella en Noia, co fin de coñecer as actividades que están levando a cabo e anotar as demandas que se solicitaron dende a ONG.

Os membros de Cruz Vermella demandaron entre outras cousas, apoio municipal para ofrecer un servizo de apoio escolar de calidade e planificado por un mestre titulado, tamén recalcaron a necesidade dun espazo físico para almacenar o seu propio material.

O Domingo tivo unha nova xuntanza o grupo de cultura, onde ademáis de seguir sumando ideas e propostas, se planificaron as xuntanzas para os vindeiros días con diversos colectivos que son parte da cultura na vila de Noia.

A Marea segue traballando para recadar información e realizar un programa real e que se adapte as necesidades da vila.