Ago
12
2015
Lugonovo, Marea de Noia e Betanzosnovo convidan a Plataformas e Mareas Cidadás a unha xuntanza xoves 13 de agosto ás 17:00 h na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ca seguinte orde do día:
- Rumbo ás eleccións xerais. Rolda de intervencións (1 hora)
- Metodoloxía de traballo e calendario (1 hora)
- Comisión organizativa (20 minutos)
Polo de agora levan comunicada a súa intención de asistir algo máis de 30 candidaturas de todo o país, polo que por razóns de aforo prégase acotar o número de asistentas/es a dúas por plataforma, así como confirmar asistencia.