Unha rúa para Bríxida Quintáns.

Moción Bríxida

A memoria é unha das ferramentas máis poderosas cas que contamos para construir a realidade, para sinalar de onde vimos, onde estamos  e cara onde queremos camiñar. Dende a Marea Cidadá de Noia sabémolo ben, e por íso impulsamos unha moción para renomear o Malecón de San Lázaro en recordo e honra dunha loitadora como foi Brixida Quintáns.

A Marea de Noia solicita a eliminación da zona de aparcamento para coches oficiais

aparcamento

Propoñen crear tres prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e unha ordinaria

A Marea Cidadá de Noia presentará unha solicitude no rexistro do Concello de Noia para que se elimine a zona de aparcamento de coches oficiais, situada fronte ao consistorio municipal. Consideran que a igualdade debe de ser a bandeira pola que se debe rexer a xestión municipal. Actualmente son os concelleiros delegados de goberno os que fan uso deste aparcadoiro.

A Marea propón continuar co programa de conciliación no mes de agosto

O grupo de benestar da Marea Cidadá vén de redactar unha proposta para continuar co programa  de conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de agosto, un dos meses onde aumenta o índice de emprego na nosa vila. Consideran que debido a este aumento é preciso darlle continuidade as actividades de conciliación que se viñan desenvolvendo ao longo do mes de xullo.