Participa!

A Marea Cidadá de Noia é posible gracias ó compromiso e á participación da cidadanía de Noia. Se queres formar parte da Marea ou canalizar as túas inquietudes ou ideas, podes ter a seguridade de que atoparás resposta.

Animámoste desde xa a formar parte dun grupo humano comprometido coa igualdade, a transparencia e a xustiza social. Formar parte da Marea Cidadá de Noia é tan fácil como compartir os nosos principios. Medre o mar!

A Marea Cidadá de Noia é unha ferramenta ó servicio da cidadanía e queremos ser a túa voz. Poñémonos á túa disposición para levar ó pleno o teu rogo ou pregunta.

A Marea Cidadá de Noia é un espazo pensado para a participación. Se queres aportar o teu gran de area para mellorar a nosa vila e a vida da nosa xente no ámbito que sexa, non dubides en facelo!