REGULAMENTO PRIMARIAS MAREA CIDADÁ DE NOIA

1. Censo


Participantes

No proceso de primarias de Marea Cidadá de Noia terá dereito ao voto toda persoa maior
de 18 anos que cumpra os seguintes requisitos:

  • Residir ou ter algún arraigo de tipo familiar, laboral ou económico dentro dos límites do concello de Noia.
  • Ser asinante do manifesto de Marea Cidadá de Noia con data previa á do peche do censo.
  • Non estar inhabilitado para o exercicio de cargo público.

A Marea Cidadá de Noia obrígase a manter a condición de segredo do voto e ao cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e asemade o Novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016.

As persoas con plenos dereitos políticos terán tamén a condición de avalistas de candidaturas, tendo dereito a dar 5 avais para persoas candidatas a formar parte da lista final e un para persoas candidatas a encabezar a mesma.
Censo de persoas adscritas.
Abrírase un período de inscrición na web da Marea Cidadá de Noia co obxectivo de crear
un novo censo, que finalizará na asamblea ordinaria de abril.

2. Aspirantes para cabeza de lista

Terán a condición de candidatas todas aquelas persoas con residencia ou arraigo en Noia que cumpran cos requisitos recollidos nos artigos 177 e 178 daLei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral.

Condición de candidata/o.

Son requisitos imprescindíbeis para a presentación de candidatura os seguintes:

  • Ratificar os principios da Marea Cidadá de Noia e o seu Código Ético. Será asinado un documento que así exprese este compromiso.
  • No caso das persoas con afiliación a partidos políticos, unha declaración en que consten os cargos que ocupa na súa organización.
  • Estar en posesión de 5 avais de calquera persoa, censada en Noia ou con arraigo na vila.
  • Os avais asinados poderán ser enviados a través do correo electrónico da Marea Cidadá de Noia no enderezo electrónico mareanoiesa@gmail.com, deberán figurar nome e apelidos, dni e sinatura.

Criterios de exclusión.

Non posuirán a condición de elixíbeis as persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:

  • As persoas que formen parte de candidaturas distintas á de Marea Cidadá de Noia que concorran ás eleccións municipais do 2019.
  • As persoas imputadas por delitos relacionados con corrupción, prevaricación, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno e malversación e apropiación de fondos públicos, sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.
  • As persoas en situación de imputación xudicial por delitos de racismo, xenofobia, violencia de xénero, homofobia ou outros delitos ecolóxicos ou contra os dereitos humanos ou os dereitos das persoas traballadoras.

Nota: Entenderase por investigacion xudicial a existencia dunha resolución motivada onde un xuíz estime a existencia de indicios racionais de delito.

Compromisos asumidos pola persoa aspirante

  • Xustificar documentalmente a súa residencia ou arraigo no municipio de Noia.
  • Abandonar os cargos políticos que ocupe no caso de ser escollida.
  • Cumprimento estrito do presente Regulamento.

Compromisos asumidos pola Marea Cidadá de Noia

  • Trato igualitario na difusión da súa candidatura.
  • Garantía de igualdade de oportunidades.
  • Posta a disposición da persoa candidata de recursos telemáticos para a promoción da súa candidatura.
  • Respecto pola intimidade da persoa candidata, difundindo só os datos que desexe publicar e os meramente obrigatorios.
  • Posta a disposición da candidata/o dos respectivos formularios para a presentación de avais.

Resto da candidatura.

O resto dos postos da lista serán presentados polo candidato ou candidata elixida no proceso de primarias e ratificada na asamblea do mes de abril, na que se poderá facer emendas a proposta de lista.

3. Arbitraxe

Organismo para a supervisión do proceso electoral

Crearase un órgano de supervisión do procedemento de primarias denominado Comisión
Electoral.

Conformación da Comisión Electoral

O órgano de arbitraxe estará conformado por un mínimo de 2 persoas elixidas na Asemblea do Mes de Xaneiro. As persoas que formen a Comisión Electoral non poderán ser candidatas nin formar parte da posteriores listas electorais.

Funcións da Comisión Electoral

  • Garantir o cumprimento deste Regulamento.
  • Facer cumprir o calendario aprobado no proceso de debate da Marea Cidadá de Noia.
  • Garantir a igualdade de oportunidades durante o proceso de campaña.
  • Aprobar as candidaturas presentadas.
  • Resolver as distintas queixas, denuncias e irregularidades que se manifesten durante o proceso de primarias.
  • Interpretar baleiros do presente Regulamento.

Mecanismo para a toma de decisión da Comision Electoral

O órgano de arbitraxe adoptará as súas decisións por consenso.

4. Postos a elixir

Tipo de votación

Haberá unha votación do candidato, mediante urna durante un período de tres horas, segundo o calendario establecido.

5. Campaña electoral das primarias

Dereitos e deberes das persoas candidatas.

Dos dereitos das persoas candidatas:

As persoas candidatas teñen dereito a recibir un trato igualitario por parte da Marea Cidadá de Noia.
Dereito a acudir ante a Comisión Electoral para denunciar as irregularidades que considere gravosas para o proceso.

Dereito a un espazo dentro das ferramentas telemáticas facilitadas pola Marea Cidadá de Noia para a promoción de candidaturas. No devandito espazo poderán publicitar os motivos da súa candidatura mediante textos e fotografía.

Cada unha das persoas candidatas estará representada por unha fotografía, un breve texto non superior aos 140 caracteres e un texto maior de 500 caracteres onde poderá expresar a súa visión persoal e por que cre que debe ser merecedora do voto no proceso de primarias. A presenza das persoas candidatas nestes espazos terá unha orde aleatoria.

Dereito á promoción da súa candidatura nos seus perfís propios de redes sociais. Así mesmo os medios dixitais propios de Marea Cidadá de Noia enlazarán —se a persoa así o desexa— aos perfís persoais na rede das persoas candidatas facilitando que a cidadanía interesada en participar no proceso de primarias poida interpelalos directamente.

Dos deberes das persoas candidatas.

Deber de gardar o debido respecto polo resto de persoas candidatas dentro das mensaxes e actos de promoción da súa candidatura.

Deber de actuar acorde a este Regulamento e ás resolucións da Comisión Electoral, no caso contrario a Comisión Electoral poderá anular a candidatura.

Garantías de igualdade de oportunidades

Está prohibida a difusión de candidaturas mediante publicidade en medios de comunicación.

Marea Cidadá de Noia ofrecerá a todas as candidaturas presentadas o mesmo peso dentro da comunicación tanto interna como externa.

Estará prohibida a aparición en medios de comunicación públicos, privados ou comunitarios solicitando o voto.

Estará prohibida a edición de material propagandístico para a promoción dunha candidatura.

Calendario electoral

O calendario electoral das primarias para cabeza de lista será o seguinte:

  • Na asamblea do mes de xaneiro elixise o comité electoral.
  • O día 8 de febrero abrirá o prazo para formalizar a candidatura da persoa candidata a encabezar a lista.
  • O día 15 de febreiro ás 00:00h rematará o prazo para presentación da candidatura.
  • O día 16 de febreiro publicase as persoas candidatas.
  • Votación o 23 de febrero en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 21:00h
  • Proclamación da persoa candidata o 25 de febrero.

As reclamación poderán ser presentadas ata o momento das proclamacións.
No caso de que houbese unha soa persoa candidata sería a gañadora, e publicaríase ao día seguinte a que finalice o prazo de presentación de candidaturas.

Sistemas de votación

A votación que se levará a cabo durante as primarias da Marea Cidadá de Noia irá guiadas por conteo proporcional directo e matemático.

Para a votación da cabeza de lista representará unha forma de referendo, existindo tamén a opción alternativa do voto en en branco. A opción de voto en branco existirá tamén para a votación do resto da lista na asamblea.

En caso de presentarse dúas ou máis candidaturas á cabeza de lista, marcarase na papeleta unha única opción, resultando gañadora aquela candidatura que obteña maior número de votos.

6. Xornadas electorais

Lugares e formas de votación

Votarase presencialmente e de maneira privada no local da Marea Cidadá de Noia, sito nas Galerías do Cantón, 2º andar.

Atendendo a dificultades razonadas para asistir á votación presencial, admitirase tamén o voto por correo electrónico. Neste caso, a persoa votante deberá indicar a causa do seu impedimento e acompañar foto reproducción de documento de identidade vixente. A relación do voto transmitirase en documento non practicabel, tipo pdf. O voto emitirase dende o correo que conste no rexistro da persoa na lista de inscritos.

Seguridade do proceso

A Comisión Electoral velará pola seguridade do proceso.

Escrutinio

O escrutinio será realizado in situ, na mesa habilitada ao efecto no local e composta polas persoas da propia Comisión Electoral, que pode solicitar a colaboración de persoas presentes no escrutinio para axilizar o reconto.

En caso de empate acudirase ao criterio sucesivo e por esta orde: 1) de xénero, dando preferencia ao femenino, e 2) de idade, con vantaxe para a persoa máis nova.

Os resultados serán publicados nas canles propias da Marea Cidadá de Noia o mesmo día da votación.
.