UN CONCELLO QUE APOSTE POLOS SERVIZOS SOCIAIS PARA GARANTIR UNHA VIDA DIGNA.

Ao longo destes catro anos un gran número de veciños e veciñas viron como a súa situación económica foi empeorando. A destrucción máxiva de emprego, fixo que moitas persoas quedasen sen un posto de traballo co que substentar a súa familia.

Traballaremos para que ningunha noiesa se quede sen unha atención sanitaria e educativa gratuíta e de calidade. Neste sentido é irrenunciable para a xente da Marea a ampliación das partidas destinadas a servizos sociais, emerxencia social e promoción de emprego. 

Fomentaremos políticas de solidariedade con aquelas persoas que teñen máis difícil cubrir as súas necesidades básicas de luz, auga e alimento. Neste sentido creemos indispensable a promoción de políticas que melloren a conciliación familiar.

UN CONCELLO NO QUE DECIDAMOS TOD@S

Unha democracia participativa, as noiesas e noieses non só deciden cada catro anos, teñen e deben decidir sobre TOD@S os aspectos que lle afecten no día a día. Cremos que é o momento de apostar por mecanismos de participación cidadá, na que a veciñanza e os axentes sociais tomen a palabra e sexan coparticipes na  toma de decisións municipal através dun novo Regulamento de Participación

UN CONCELLO TRANSPARENTE EN PÉ DE IGUALDADE

Un concello transparente, onde a cidadanía conozan de primeira man os pasos que se toman, sen oscurantismos. Onde os cidadáns sexán tratados en pé de igualdade sen que existan división entre eles non é un  soño! é un principio máis  da Marea Cidadá de Noia.

AS CONTAS Á VISTA

En que gastan o noso diñeiro o Concello de Noia? Esta é unha pregunta que nos facemos a maioria de nós. Dende a Marea cremos que hai que xustificar cada euro que gastan ou invisten  as administración públicas.

Propoñemos a publicación periódica das contas públicas para que calquer veciña ou veciño poida consultar en que se gasta o seu diñeiro.