Vivimos nunha época de perda de dereitos, nunha crise económica e social aproveitada polo poder, a través do bipartidismo, para blindar a súa posición privilexiada levando a cabo recortes nos sectores públicos e libertades cidadás. Ante isto, só podemos sumarnos á Marea que percorre Galicia, unha Marea democrática coñecedora que isto só  pode mudar dándolle a palabra á cidadanía.

Conseguir que o 99% que está a padecer esta crise tome as institucións mediante procesos de confluencia,  procesos democráticos abertos no que as decisións se tomen en común, sen personalismos de ningún tipo, para devolver a democracia á xente do común.

Con vistas ás eleccións municipais de este ano, poñemos en marcha esta Marea que pretende comezar un proceso aberto ca participación dos movimentos sociais, de persoas que pretenden que as decisións se tomen na rúa de forma transparente e igualitaria, e non en despachos pechados.

Para iso iremos sumando forzas por cada parroquia de Noia, coñecendo as realidades e necesidades de cada lugar. Queremos poñer en marcha un proceso constante de diálogo, onde non vale facer un programa electoral cada catro anos para incumprilo completamente.

Queremos recuperar as institucións, rescatar o sector público para poñelo ó servizo da xente que o está a pasar mal.  Preservar o idioma e cultura galega, conseguir unha reactivación cultural poñendo en valor o gran patrimonio existente na nosa vila e que se está a estragar pola ausencia de decisións adecuadas. Salvar o valioso entorno natural, maltratado continuamente, mediante políticas ecolóxicas e de recuperación medioambiental. Potenciar o comercio local, sector básico da economía noiesa.

Para levar a cabo estes propósitos precisamos de cada un de vós, das persoas que estades cansas de ver como este sistema só é sustento dunha clase interesada en preservar ós seus privilexios .Chegou o tempo das persoas, e para iso t