Como membro da candidatura da Marea Cidadá de Noia comprométome a cumprir o seguinte Código Ético:

1º- Os cargos electos da Marea Cidadá de Noia comprometémonos a cumprir cos principios da Marea de : Participación, transparencia, igualdade e defensa do público para garantir os servizos básicos aos cidadáns. 

2º-  Representamos á Asemblea da Marea Cidadá de Noia, e defenderemos os acordos acadados pola propia Asemblea por riba da nosa opinión individual.

3º- A totalidade das retribucións que se perciban como cargos electos da Marea Cidadá faránse públicas e unha parte servirán para sustentar ao propio partido, estando  recollida esta información ,en todo momento, na web da Marea.

4º- Os cargos electos, na búsqueda da participación da cidadanía, comprometémonos a render contas periódicamente, tanto presencialmente como de maneira virtual, para explicar o noso traballo e para escoitar as ideas e propostas dos cidadáns.

5º- Comprometémonos que no momento que haxa unha decisión relevante que afecte de maneira significativa a nivel urbanístico, social, laboral, ambiental ou que sexa solicitada por al menos 10 asinantes do Manifesto, a impulsar unha asemblea na que se explique dicha medida e se recolla a opinión dos asistentes.

6ª- Como cargos electos defenderemos o idioma galego, a cultura e patrimonio local, de maneira especial dentro da nosa labor como representantes dos veciños.

7º- No tocante a posibles pactos electorais, comprometémonos a que sexa  a Asemblea quén teña que aprobar con anterioridade o posible pacto, e  pactar soamente cos partidos políticos cos que a Marea poda ter algúns principios en común.

8º-  Cumpriremos o programa electoral elaborado polos grupos de traballo e coas propostas da cidadanía, podendo revogar a asemblea aos cargos electos, no caso de imcumprimento non xustificado do programa electoral.

9º- No caso de incumprir algún punto deste código ético, e no caso de que a asemblea revogue a confianza como cargo electo a causa do incumprimento, e unha vez escoitado a xustificación do "infractor", comprométome a deixar a acta de concelleiro xa que as ditas actas dos cargos electos da Marea Cidadá de Noia pertencen aos cidadáns, sendo uns simples intermediarios.

10º- Este código ético terá vixencia dun mandato estando prohibida a súa alteración dentro deste periodo.