Aviso legal

• DATOS DA ORGANIZACIÓN
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, MAREA CIDADÁ DE NOIA infórmalle que os seus datos identificativos son os seguintes:

Denominación social: MAREA CIDADÁ DE NOIA
C.I.F: G70448915
Domicilio social: L/ Barro, 52– 15200 – NOIA (A CORUÑA)
Teléfono: 691283803
Correo electrónico: info@mareadenoia.gal

Todas as notificacións e comunicacións entre as persoas usuarias e MAREA CIDADÁ DE NOIA consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

• CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN
O presente aviso legal regula o uso do sitio web www.enmarea.gal (en diante, A WEB), do que é titular MAREA CIDADÁ DE NOIA.
A navegación pola web de MAREA CIDADÁ DE NOIA atribúe a condición de usuaria do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, con todo, MAREA CIDADÁ DE NOIA condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cobertura do correspondente formulario.
Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a MAREA CIDADÁ DE NOIA, sen que poidan entenderse cedidos á persoa usuaria ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos, máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.
A persoa usuaria garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a MAREA CIDADÁ DE NOIA, e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice. A persoa usuaria obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. A persoa usuaria responderá fronte a MAREA CIDADÁ DE NOIA ou fronte a terceiras, de calquera dano e prexuízo que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

• POLÍTICA DE DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES
MAREA CIDADÁ DE NOIA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que a persoa usuaria poida acceder a través das ligazóns establecidas na WEB e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.
MAREA CIDADÁ DE NOIA declara adoptar todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, ás usuarias da WEB, puidesen derivarse da navegación pola mesma. En consecuencia, MAREA CIDADÁ DE NOIA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir a usuaria.

• USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS
Esta páxina web pode recoller datos das súas visitantes por medio do uso de cookies. Consultar a política de cookies, no seu caso.
A usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.

A AEPD considera que os partidos políticos non son prestadores de servizos da sociedade da información, xa que as súas páxinas web non forman parte dunha actividade económica no sentido do apartado a) do Anexo da LSSI. Polo tanto, non deben de cumprir nin coa Lei de Cookies nin con ningún outro precepto da LSSI, sen prexuízo do disposto nela en relación con outras normas. Resolución (E/04745/2015).

• PROTECCIÓN DE DATOS
No caso de que na web se recollan datos de carácter persoal, para máis información consultar a política de privacidade.