Podas salvaxes, morte segura.

Estado das árbores da Alameda

É habitual que en Noia se fagan cada ano podas masivas que mutilan as árbores. Estas podas salvaxes son contraproducentes, xa que obrigan ás árbores a facer un enorme esforzo ano tras ano para voltar a ter ramas, cas que poder sobrevivir. Este esforzo esgota a maioría das súas enerxías, e remata por provocarlle enfermidades.

Este ano, puidemos ver este fenómeno na Alameda, onde moitas árbores que non conseguiron rebrotar, remataron morrendo. Esto non é só un problema medioambietal, senón tamén económico, posto que o custe do remplazo das árbores mortas cóbrese con gasto público.

Existindo a posibilidade de non poda-las árbores, se non se require por unha cuestión de seguridade, non entendemos por qué motivo se continúan a realizar estas podas. Por outra banda, somos concscientes de que existen outros métodos de poda moito menos agresivos para as árbores, e que será necesario valoralas para as próximas ocasións.

Cómpre optar por unha alternativa máis respectuosa ca paisaxe e menos costosa para os veciños e veciñas de Noia.

+ info: https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/04/18/amigas-das-arbores…