A MAREA DE NOIA DEFENDE O PAGO DAS DÉBEDAS AOS PROVEEDORES

Facturas

No Pleno que tivo lugar onte, certificouse que Noia non poderá empregar o Orzamento da Deputación para novas inversións, tendo que empregalo en pagar as débedas contraídas durante a etapa pre-electoral.

No debate celebrado onte no Pleno de Noia, a Marea Cidadá de Noia defendeu a importancia de pagar aos proveedores que, dende o 5 de xuño deste ano, levan sen cobrar polos seus contratos co Concello. O descontrol do gasto do goberno de Santiago Freire durante a etapa pre-electoral, gasto realizado sen que houbera orzamento para pagalo, provocou unha situación de endebedamento que agora a Deputación obriga a solucionar.

A irresponsabilidade da actuación do Alcalde Santiago Freire foi patente durante a celebración da Comisión, onde o rexidor respondeu que "aínda lle parecían poucas" as débedas contraídas e non pagadas. Tras o acontecido, Noia quedará sen poder empregar o orzamento aprobado pola Deputación ao verse obrigada a saldar ditas débedas.

Dende a Marea Cidadá defendemos que unha institución pública non pode ter máis dun ano sen cobrar ás empresas que contrata. Os proveedores, que non cobrarán ate que se faga efectivo o pago do Plan Único da Deputación da Coruña, terán que agardar ate marzo do 2020.

É urxente para Noia unha xestión máis razoable, transparente e responsable dos recursos públicos.
A continuación, adxuntamos o listado de facturas a pagar.